Quen somos, a quen axudamos?

Chanzo a Chanzo é unha cooperativa galega que ofrece un servizo profesional de coidados sociosanitarios tanto a nivel domicilio como en institucións, centrado nas persoas.

A nosa sociedade está fundada por mulleres emprendedoras, con titulación académica como Técnicas en Atención a Persoas en Situación de Dependencia (TAPSD), cunha traxectoria profesional que nos permite ter unha clara perspectiva cara ao enfoque e desenvolvemento das actuacións que debemos levar a cabo coas persoas beneficiarias dos nosos servizos.

Persoas maiores

Persoas en situación de dependencia.

Discapacidade
  • Persoas con algún tipo de discapacidade física, intelectual e/ou sensorial.
  • Persoas con problemas de saúde mental.
Enfermidades crónicas

Apoiar e instruír a persoa usuaria e/ou os seus familiares nas técnicas necesarias para controlar a enfermidade por si mesmos na maior medida posible.

Lesións e/ou enfermidades limitantes
  • Persoas que sufrisen algún tipo de lesión ou accidente e teñan limitada a súa mobilidade temporalmente.
  • Persoas en período de convalecencia (cirurxía, postoperatorio...).

Os nosos servizos

En Chanzo a Chanzo buscamos promocionar a autonomía e calidade de vida da persoa de calquera idade do ciclo vital. Ofrecemos os seguintes servizos sociosanitarios profesionais:

Coidados persoais
Erguer e deitar, aseo, mobilidade activa e pasiva, cambios posturais, vestido, alimentación (oral e enteral).
Servizos de atención psicosocial
  • Apoiar a integración e socialización e fomentar a participación da persoa usuaria na súa comunidade.
  • Fóra do fogar desenvolver servizos de acompañamento en hospitais e xestións que precise a persoa usuaria como servizo complementario.
Coidados sanitarios
  • Prevención de UPP e colaborar co persoal sanitario no seu tratamento.
  • Supervisar e administrar fármacos.
  • Control e rexistro de glucemias, TA, seguimento de diferentes tipos de dietas: adstrinxente, hiposódica...
Coidados do fogar
  • Elaboración de comidas, limpeza básica do fogar e realizar a compra.
  • Orientar na adaptación da contorna para a prevención de riscos e accidentes.
  • Instruír no uso de produtos de apoio.

Filosofía

É a obriga legal e ética que teñen certas profesións de manter o segredo da información que recibiron dos seus clientes. Segredo profesional.

Capacidade dunha persoa para situarse no lugar do outro, comprender, coñecer e entender o que pensa e sente a outra persoa, as súas motivacións e as razóns que explican o seu comportamento. Intentar ver as cousas dende a súa perspectiva.

Vai moito máis alá que a simple audición, implica poñer todos os medios para entender e interpretar correctamente o que a outra persoa nos di amosando interese e colaboración co emisor na súa tarefa de comunicar.

Implica unha busca da consecución de obxectivos, facer fronte aos problemas e atopar solucións. Fomenta o desenvolvemento do pensamento positivo.

É un dos valores fundamentais que o ser humano debe ter sempre presente á hora de interactuar con outras persoas para apreciar o valor social e as súas diferenzas.

A intelixencia de aceptar que hai outras opcións sobre unha mesma acción ou idea.

Glosario

Sinceridade, sinxeleza, sinerxía, saúde, simpatía, servizo e serenidade.

Actividades da vida diaria.

O labor do/a TAPSD baséase en fomentar a autonomía das persoas independentemente do seu grao de dependencia.
Atender as persoas en situación de dependencia no ámbito domiciliario e institucional, co fin de manter e mellorar a súa calidade de vida, realizando actividades asistenciais e non asistenciais, psicosociais e de apoio á xestión doméstica, aplicando medidas e normas de prevención e seguridade, e derivándoas a outros servizos en caso necesario.

Tensión arterial.

Úlceras por presión.

Contáctanos

Servizos sociosanitarios profesionais ao teu carón

Podes ler a política de privacidade na ligazón ao pé desta páxina

Queres contactar con nós? Chama ao 646460341

Coidado profesional sociosanitario ao teu carón. Falamos?